| Abe Rábade _ piano e composición,Nelson Cascais _ contrabaixo e Bruno
Pedroso _ batería son os integrantes actuais deste
grupo formado en 1996.
A banda recibiu en 2000 o 2º Premio no Concurso Internacional
de Grupos de Jazz de Getxo (Euskadi). O directo desa noite conforma
o debut discográfico do trío: Babel de Sons (2001)
(Paco Charlín, contrabaixo e Ramón Ángel Rey,
batería).
Abe Rábade foi galardoado en 2001 co Premio Tete Montoliú
ó Pianista Revelación en España, concedido
por SGAE.
En 2002, o grupo lanza o seu segundo traballo discográfico,
Simetrías (Paco Charlín, contrabaixo e Ramón
Ángel Rey, batería). No 2006 ve a luz o seu disco
máis recente, Playing on Light (Paco Charlín, contrabaixo
e Bruno Pedroso, batería).
O repertorio da formación é maioritariamente orixinal,
abarcando os máis diversos estilos jazzísticos.
Abe Rábade Trío actuou
nos seguintes Festivais e Salas:
Festival de Jazz Plaza de La Habana (Cuba).
Festival de Jazz de Getxo (Euskadi).
Festival de Jazz de San Sebastián (Euskadi).
Festival de Jazz de Ibiza (Illes Balears).
Festival de Jazz de San Isidro (Madrid).
Festival de Jazz de UNED (Madrid).
Festival de Jazz de Gijón (Asturias).
Festival de Jazz de Mieres (Asturias).
Festival de Jazz de Pontevedra (Galiza).
Festival de Jazz de A Coruña (Galiza).
Festival de Jazz de Villena-TroJazz (Valencia).
Festival de Jazz de Granollers (Catalunya).
Festival de Jazz de Vilagarcía de Arousa (Galiza).
Festival de Jazz de Cangas (Galiza).
Festival de Jazz de Lugo (Galiza).
Festival de Jazz de Baiona (Pontevedra-Galiza).
Festival de Jazz de Lalín (Galiza)
Festival de Jazz de Salamanca (Castilla y León)
Festival De Jazz de Málaga (Andalucía)
Festival de Jazz de Melilla (Melilla)
Festival de Jazz de Vigo Imaxinasons (Galiza)
Festival de Jazz de Santiago Composjazz (Galiza)
Salón Nobre da Reitoría (Salvador de Baía,
Brasil)
Sala Hot Clube (Lisboa, Portugal).
Sala Café Central (Madrid).
Sala Classic Jazz Bar (Braga, Portugal).
Sala Café España (Valladolid).
Sala Nova Jazz Cava de Terrassa (Catalunya).
Sala Jimmy Glass (Valencia).
Sala Dado Dadá Jazz Club (Santiago, Galiza).
Sala Café Latino (Ourense, Galiza)
Sala Antigua Social Club (Ourense, Galiza).
Sala Clavicémbalo (Lugo, Galiza).
Sala La negra Tomasa (Vigo, Galiza).
Sala Calle 54 (Madrid)
Sala Boguie (Madrid)
Sala Manteca Jazz (Vigo, Galiza)
Auditorio de Oleiros “A Fábrica” (Galiza)
Auditorio Martín Códax (Vigo-Galiza)
Teatro Principal de Pontevedra (Galiza)
Teatro Principal de Santiago (Galiza)
Pazo da Cultura de Pontevedra (Galiza)
Cine-Teatro de Amarante (Portugal)
Auditorio Reveriano Soutullo (Ponteareas, Galiza)
Teatro Municipal de Palma de Mallorca (Illes Balears)
Auditorio Conde Duque (Madrid)
Asemade, Abe Rábade Trío é a sección
rítmica do Abe Rábade GHU! Project, unha
banda composta por destacados solistas do panorama jazzístico
español e internacional como Chris Kase (trompeta), Jesús
Santandreu (saxo tenor), Miguel Zenón (saxo alto) ou Toni
Belenguer (trombón). |