Nacín en Compostela o 8 de Setembro de 1977. Comecei a estudar música con 4 anos no Conservatorio Histórico de Santiago, onde a iniciación se impartía co método Kódaly -un xeito de aprendizaxe no que priman a creatividade e a intuición por riba de todo-. Seguinme formando no centro de jazz “Estudio escola de música”, tamén en Compostela. Estudiábase o solfexo con standards de jazz e aló descubrín que a improvisación podía ser a expresión máxima desta forma de arte chamada música. No ano 1995 proseguín os meus estudos en EEUU, onde obtiven unha licenciatura Cum Laude en Jazz Composition e Piano Performance por Berklee College of Music (Boston, EUA) en 1999. En 2000 voltei á cidade onde sempre quero seguir voltando: Santiago de Compostela.
Son músico porque penso que a música é unha das máis poderosas canles para a comunicación emocional e abre a vía da intuición. Tento non perder nunca de vista estes factores naqueles proxectos que emprendo.
O meu primeiro instrumento é o piano, o segundo a batería. Tamén compoño música e son docente. Desde 1996 dirixo un trío de jazz acústico, que está formado na actualidade por Pablo Martín Caminero no contrabaixo e Bruno Pedroso na batería. Tamén adoito facer concertos e gravacións con formatos musicais máis amplos; quinteto e septeto principalmente.
Estes son os álbums que levo editados ata agora como líder:
Babel de Sons (2001) / xingraGravación a trío con Paco Charlín no contrabaixo e Ramón Ángel na batería. É un directo que recolle a actuación galardoada co 2º premio do Concurso Internacional de Grupos de Jazz de Getxo (Euskadi).
Simetrías (2002) / xingraGravación coa mesma sección rítmica que en “Babel de Sons”. Foi estreado no Festival de Jazz Plaza de La Habana (Cuba).
GHU! Project vol.1 (2004) / nuba records - karonteO meu primeiro disco para Nuba Records / Karonte, discográfica coa que sigo vencellado. No álbum participaron Chris Kase (trompeta), Jesús Santandreu (saxo tenor), Michel González (guitarra), Paco Charlín (contrabaixo) e Ramón Ángel (batería).
Playing on Light -7 sounding photos- (2006) / nuba records - karonte(con Paco Charlín no contrabaixo e Bruno Pedroso na batería). É un traballo programático onde se musican sete fotografías en branco e negro de autores como Ralph Gibson, Dona Ferrato ou Mitsuaki Iwago. A crítica escolleuno Mellor Disco de Jazz en España de 2006 (Cuadernos de Jazz).
Open Doors (2008) / nuba records - karonteSegunda entrega do GHU! Project nun formato a septeto con Chris Kase (trompeta), Perico Sambeat (saxo alto), Jesús Santandreu (saxo tenor), Alan Ferber (trombón), Nelson Cascais (contrabaixo) e Bruno Pedroso (batería). O disco está ilustrado polo artista compostelán Deli Sánchez. Acadou o 2º posto na votación dos Premis Jaç 09 na categoría de Mellor Disco Internacional -Revista Jaç (Catalunya).
Piano Solo (2009) / nuba records - karonteTraballo que contén a música orixinal para o espectáculo Jazzia (co ilusionista Kiko Pastur) e parte dunha encomenda da USC co gallo do Ano Rodríguez Cadarso. "Piano Solo" foi seleccionado entre os 5 finalistas nos Premios da UFI como Mellor Disco de Jazz en España 2009.
Open Doors Live (2009) / nuba records - karonteDVD ao vivo que recolle a actuación do Abe Rábade Septeto no Teatro Principal de Compostela. Participaron Chris Kase (trompeta), Perico Sambeat (saxo alto), Jesús Santandreu (saxo tenor), Toni Belenguer (trombón), Pablo Martín (contrabaixo) e Bruno Pedroso (batería)
Zigurat (2010) / nuba records - karonte(con Pablo Martín no contrabaixo e Bruno Pedroso na batería). “Zigurat” foi elixido o Mellor Álbum de Jazz na III Edición dos Premios de la Música Independiente (UFI).
Outros proxectos que desenvolvín son:
Cantigas Jazz Suite (2004)Con motivo do Xacobeo 2004, presentei en Mondoñedo a obra Cantigas Jazz Suite, unha adaptación de cantigas medievais galegas do século XIII a un contexto contemporáneo -proxecto a sexteto coa participación especial da cantante portuguesa Mísia.
Nordestin@s (2005 ata 2011)Xunto ás vocalistas Guadi Galego e Ugia Pedreira formei a banda Nordestin@s en 2005, baseada nunha actualización da música popular de Galiza. O disco Nordestin@s -na compañía Falcatruada- foi dos 100 máis vendidos en España en Xaneiro de 2007. Nordestin@s tamén gañou o 1º premio na VI Edición dos Premios La Opinión de Música Galega.
Eivissa Jazz Experience (2006 ata a actualidade)Desde o ano 2006 dirixo musicalmente o grupo “Eivissa Jazz Experience”, unha produción propia do Festival de Jazz de Eivissa. A banda proposta é diferente en cada edición. Músicos como Perico Sambeat, Jesús Santandreu, Víctor de Diego, Guim García Balasch, Kike Perdomo, Toni Belenguer, Alexis Cuadrado, Pablo Martín, Marc Ayza, Marc Miralta, Ángela Cervantes, Albert Sanz, Joaquín Chacón, Ernesto Aurignac ou David Mengual formaron parte do proxecto nas súas últimas edicións. Asemade, a sintonía oficial do Festival “Eivissa Jazz” é da miña autoría.
Rosalía 21 (2008 ata a actualidade)En 2008 formei parte do proxecto dirixido polo poeta Anxo Angueira e producín musicalmente o álbum Rosalía 21 (Falcatruada), unha revisión en clave contemporánea da poeta nacional de Galiza Rosalía de Castro. O traballo foi estreado na Feira Internacional do Libro de La Habana (Cuba).
Aloumiños de Seda (2008)O disco Aloumiños de Seda foi unha encomenda da Dirección Xeral de Política Lingüística (Xunta de Galicia). No traballo musiquei poemas de autor@s galeg@s dirixidos a nenos. Nesta gravación participaron Ramón Bermejo, Terela Gradín, Joana Machado e Guadi Galego (voces), Perico Sambeat (saxo alto e soprano), Virxilio da Silva (guitarra), Nelson Cascais (contrabaixo), Bruno Pedroso (batería) e Marcos Vázquez (percusión).
Azos Jazz (2010 ata a actualidade)En 2010 fundei o selo discográfico AZOS jazz, xunto a Sergio Lago. Os primeiros títulos da colección son os álbums “Introducing Álvaro Vieito” e “Live in Santiago” (Bill Goodwin Quartet) -ambos editados en 2010.
Realicei as seguintes encomendas:
Kind Steps (2009)O produtor e baterista portugués Mário Barreiros encargoume en 2009 os arranxos e a dirección musical de Kind Steps -O Legado de 1959-, un proxecto que rende tributo a 6 xoias discográficas de 1959 entre as que se atopan evidentemente Kind of Blue de Miles Davis e Giant Steps de John Coltrane. O grupo está formado por Avishai Cohen (trompeta), Ben Van Gelder e Perico Sambeat (saxo alto), Jesús Santandreu (saxo tenor), Abe Rábade (piano), Carlos Barretto (contrabaixo) e Mário Barreiros (batería).
Travessia dos Poetas (2010)A vocalista portuguesa Joana Machado encargoume a composición e dirección musical do álbum Travessia dos Poetas a partir de textos dos grandes poetas Rui Belo, Alberto Caeiro, Herberto Helder, Sophia de Mello Breyner e Nuno Júdice (Karonte, 2010), obra para cuarteto de jazz, grupo de cámara e voz.
B.S.O. para "A Cicatriz Branca" (2011)A directora de cinema galega Margarita Ledo encargoume a música para o seu filme “A Cicatriz Branca”. O Abe Rábade Trío foi o encargado de gravala.
Colaborei tamén nestas propostas:
Jazzia (2008)Xunto ao ilusionista Kiko Pastur estreei a fins de 2008 o espectáculo Jazzia, unha síntese de Maxia e Jazz con música orixinal para piano solo contida no álbum de produción propia “Jazzia”. Esta gravación integrouse posteriormente no álbum “Piano Solo” en 2009.
Bill Goodwin Quartet (2009 ata a actualidade)En 2009 toquei co lendario baterista Bill Goodwin nun formato a cuarteto con Adam Niewood ao saxo tenor e Paco Charlín ao contrabaixo. Froito desta xira son os discos “Live in Santiago” (Azos Jazz 2010) e “Canjazz 4tet” (Free Code, 2010). Nos meses de Maio e Xuño de 2010 fixen dúas xiras na Costa Leste dos EEUU xunto ao cuarteto do baterista Bill Goodwin e o cuarteto do saxofonista Adam Niewood, tocando entre outros lugares no Dizzy´s Club -Jazz at the Lincoln Center- (New York) e no Rochester International Jazz Festival (New York State).
Kurt Rosenwinkel + OJM (2009)En 2009 gravei piano no disco Our Secret World de Kurt Rosenwinkel coa Orquestra de Jazz de Matosinhos en Gaia (Portugal). O traballo foi editado por Wommusic en 2010.
Pablo Martín Caminero Quinteto (2009 ata a actualidade)Desde 2009 formo parte do quinteto do contrabaixista Pablo Martín. O grupo complétase con Perico Sambeat (saxo alto), Toni Belenguer (trombón) e Borja Barrueta (batería). A primeira produción desta banda é o CD+DVD “El Caminero”, editado en 2011 por Bost.
Recibín os seguintes premios e bolsas:
Premio UFI ao Mellor Disco de Jazz -“Zigurat” en 2011.
Producín artisticamente estes traballos discográficos:
May´s Idea de Ten Jazz Men (Free Code, 2007).
A miña experiencia docente é a seguinte:
Desde o ano 2000 son Director Artístico do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra (SPJ) xunto a Paco Charlín.
Fun mestre de piano, arranxos / composición e conxunto instrumental en Estudio escola de música de Santiago de Compostela de 2000 a 2003. Representei como mestre a Estudio escola de música nos encontros anuais da International Association of Schools of Jazz (IASJ) celebrados en Boston (EEUU, 2001) e Helsinki (Finlandia, 2002).
Teño participado activamente en Seminarios Internacionais de Jazz como os celebrados en Tavira (Algarve, Portugal) ou no Palau da Música (Valencia).
Desde 2009 formo parte do corpo docente da ESMAE (Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo) en Porto (Portugal), onde ensino Piano e Composición.
Algúns dos músicos cos que actuei e/ou gravei son:
Os saxofonistas Jesús Santandreu, Miguel Zenón, Bob Mintzer, Jeff Harrington, Perico Sambeat, John O'Gallagher, Jorge Pardo, Guim García Balasch, Ben Van Gelder, Adam Niewood, Vicente Macián e Víctor de Diego.Actuei nos principais Festivais de Jazz do estado español. Internacionalmente dei concertos en París e Toulouse (Francia), Berlín, Munich e Kiel (Alemaña), Lausanne (Suíza), Porto, Lisboa e Madeira (Portugal), Tánxer (Marrocos), Boston, New York, Rochester e Cleveland (USA), Birmingham (UK), La Habana (Cuba), Helsinki (Finlandia) e Salvador de Bahía (Brasil).
DISCOGRAFíA E VIDEOGRAFÍA SELECCIONADA
LÍDER E CO-LÍDER:
Babel de Sons, 2001 (Xingra)COMPOSITOR E ARRANXISTA:
A Canary Man in Boston -René González Big band-, 2003 (+ Ná)COLABORACIÓNS:
Wes Montgomery Revisited -Miquel Casany-, 2005 (Sedajazz)PRODUCTOR ARTÍSTICO:
Sound Colors -Jesús Santandreu-, 2008 (Fresh Sound New Talent)