| Despois de recibir clases de músicos establecidos
no panorama portugués, frecuenta a Academia de Amadores
de Música e a Escola de Jazz do Hot Clube de Portugal.
Estudia en New York con Leon Parker, Carl Allen, Jordi Rossy , Adam
Nussbaum e Billy Hart.
En 1995 pasa a formar parte do corpo docente da Escola de Jazz
do Hot Clube de Portugal.
Dotado dunha versatilidade e musicalidade sobresaíntes, Bruno
é un dos músicos más solicitados de jazz portugueses.
Tocou e gravou con Zé Eduardo, Nuno Ferreira, Fátima
Serro, Kiko, Nelson Cascais, Carlos Barretto, Tomás Pimentel,
Carlos Martins e os irmáns Moreira.
Acompaña regularmente a artistas de gran relevo na escena
internacional que visitan Portugal, entre os que destacan Nicholas
Payton, Gregory Tardy, Rick Margitza, Aaron Goldberg, Perico Sambeat,
Ivan Paduart, Ricky Ford, Richard Galliano, Ron Jackson, entre outros.
|