ABE RÁBADE GHU! Project
Abe Rábade, piano e composición
Nelson Cascais, contrabaixo
Bruno Pedroso, batería
Chris Kase, trompeta e fliscorno
Jesús Santandreu, saxo tenor
Perico Sambeat, saxo alto
Alan Ferber, trombón
O Abe Rábade GHU! Project é un quinteto de jazz acústico que funciona regularmente desde o ano 2001. O grupo realizou actuacións en diversos festivais e teatros entre os que cabe destacar: Festival de Jazz de la UNED eFestival de Jazz de Boadilla del Monte (Madrid), Festival de Jazz de Lugo, Teatro Principal de Pontevedra e Pazo da Cultura de Pontevedra (Galicia), Festival de Jazz de Gijón e Festival de Jazz de Mieres (Asturias). Con motivo do Xacobeo 2004, a banda ofreceu un concerto especial en Mondoñedo (Lugo) interpretando Cantigas Suite (unha adaptación de Cantigas medievais do século XIII a un contexto jazzístico).
O repertorio da banda está formado por composicións orixinais de Abe Rábade que esteticamente abordan unha ampla gama de tendencias jazzísticas: o hard bop máis enerxético, o carácter lírico en baladas e tempos medios, a experimentación rítmica e o respeto sempre presente pola tradición máis ortodoxa do jazz. A improvisación tamén xoga un papel clave no Abe Rábade GHU! Project, un quinteto formado por excelentes solistas que garantizan un directo vibrante.
A primera entrega discográfica do grupo está editada polo sello Karonte e leva por título Abe Rábade GHU! Project vol.1. Este traballo inclúe 7 composicións orixinais (The sound of Babel, Niles Pond, 203, Raíña da Luz, Traurig, Bártok e Praça da Alegria) e 2 versións (Footprints de Wayne Shorter e Trinkle Tinkle de Thelonious Monk).