nelson cascais   Imprimir
 
Paco Charlín
 
 
NELSON CASCAIS: contrabajo
Lisboa (Portugal) , 1973.
 
 

Estudou na Escola de Jazz do Hot Clube de Portugal e no Conservatorio
Nacional de Lisboa.
En 1994, como finalista do curso de jazz do HCP, representou a Portugal no meeting anual da International Association of Schools of Jazz, en New York.
En 1995 é convidado a integrar o corpo docente da Escola de Jazz do
HCP onde ainda hoxe dá clases.
Desde 1995 desenvolve unha activa carreira como sideman tendo
colaborado con nomes consagrados como Bernardo Sassetti, Maria João &
Mário Laginha, Carlos Martins, Laurent Filipe e Pedro Madaleno, con
algúns dos máis talentosos músicos da sua xeración como Nuno Ferreira,
Jorge Reis, André Fernandes e Afonso Pais e tamén con varios músicos
extranxeiros de entre os cales se destacan Rick Margitza, Perico
Sambeat, Julian Arguelles, Dave O´Higgins, John Ellis, Aaron Goldberg,
Jorge Pardo, Jerome Richardson, Maria Schneider, Ivan Paduart e Jarmo
Savolainen.
Con Isaac Turienzo e Paulo Bandeira fundou o Trio Ibérico co cal
actuou regularmente por toda España.
Tocou nos principais Festivais de Jazz portugueses destacando Jazz em
Agosto/Gulbenkian , Serralves, Loulé e Matosinhos.
En 1999 forma o Nelson Cascais 5teto.
Integrou a Orquestra do Festival GuimarãesJazz 2001 baixo a dirección de Maria Schneider.
En Maio de 2001 entra en estudio para gravar aquel que sería o seu
disco de estrea como líder "Ciclope" (Tone of a Pitch, 2002).
En 2002 é nomeado Músico de Jazz do Ano polo site JazzPortugal
En 2003 realiza un tour por España co seu quinteto.
En 2005 grava o seu segundo cd "Nine Stories".

Discografía:

Timbuktu - André Fernandes, 2006
Do Outro Lado, Carlos Martins + Orquestra, 2006
TOAP Colectivo Vol.1, 2006
Ode to Chet - Laurent Filipe, 2006
Sound of places – Pedro Madaleno, 2005
Wrong Way - Bruno Santos, 2005
Idiossincrasias – Joana Machado, 2005
A Luz – Laurent Filipe, 2004
Pueblos - Quarteto de Jorge Reis, 2003
Spin - Nuno Ferreira & Companhia Dos Sons, 2002
Noite – Trio Paulo Bandeira, 2002
Con Angel - Isaac Turienzo Trio, 1999
Por minha dama - Ala dos Namorados, 1995
Alma - Ala dos Namorados, 1996