Abe Rábade Trío
ABE RÁBADE
PABLO MARTÍN CAMINERO
BRUNO PEDROSO
PRIMEIRA ETAPA
O trío nace en Boston no 1996 co galego Paco Charlín ao contrabaixo e o búlgaro Val Tzenkov a la batería.
No 2000 aséntase en Galiza e grava o seu primeiro disco, Babel de Sons (2001), con Paco Charlín ao contrabaixo e Ramón Ángel Rey á batería.
No 2002, o grupo lanza Simetrías e actúa en festivais de jazz da Península Ibérica, en Cuba e en Marrocos.
Nesta época fráguase GHU! Project, un proxecto de colaboración con destacados solistas do panorama jazzístico como Chris Kase, Jesús Santandreu ou Michel González.
Este concepto mantense coa participación de intérpretes como Miguel Zenón, Perico Sambeat, Alan Ferber ou Toni Belenguer.
SEGUNDA ETAPA
No 2006 publícase Playing on Light, con Paco Charlín ao contrabaixo e Bruno Pedroso á batería. A revista Cuadernos de Jazz elixiuno Mellor Disco de Jazz en España 2006.
A finais do 2006, Nelson Cascais incorpórase ao contrabaixo.
Nesta etapa o trío compuxo e interpretou a música orixinal para a proxección de cine mudo galego Pioneiros do Cinema, no Teatro Principal de Santiago (2007).
A banda tamén participou en Rosalía 21 (encargo para a Feira doLibro da Habana) e Aloumiños de Seda (encargo para a campaña Xeración e logo da Dirección Xeral de Política Lingüística).
ACTUALIDADE
Dende o 2008, Pablo Martín Caminero está ao contrabaixo e Bruno Pedroso á batería.
Publican Zigurat (2010) e A Modo (2012), presentado nunha xira con concertos en Costa Rica, O Salvador, Guatemala e México.
No 2013 ve a luz Versons, o primeiro conformado unicamente por versións.
Tránsitos (2015) recolle a obra orixinal de Abe Rábade parao seu trío con Orquestra Sinfónica.
O último: Once (2016), Doravante (2018), presentado no Festival de Jazz de Monterey (California, EEUU) e SORTE (2021).
A.R.T. tocou en Santiago de Chile, Dhaka, Berlin, Lisboa, Mexico D.F, La Habana, Ciudad de Guatemala, San Salvador, San José de Costa Rica, Belo Horizonte, Monterey e Tánxer, entre outras moitas cidades.
COMPOÑENTES
ABE RÁBADE
Pianista e compositor nacido en Compostela o 8 de setembro do 1977. Licenciado Cum Laude en Jazz Composition e Piano Performance por Berklee College of Music (Boston, EEUU) no 1999.
Conta con 12 álbums de Jazz como líder e en breve lanzará o número 13.
Estrenou máis de 200 composicións nos estilos Jazz, Clásico e Músicas de Raíz.
É un impulsor incansable do diálogo entre xéneros musicais e disciplinas artísticas.
Ofreceu concertos en Europa, América, Asia e África.
É codirector artístico do Seminario Permanente de Jazz (Pontevedra), profesor da Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo (ESMAE) de Porto (Portugal) e do Centro Superior de Música de Galicia (CSM Galicia) de Valga (Pontevedra).
PABLO MARTÍN CAMINERO
Contrabaixista, compositor e produtor nacido en Vitoria-Gasteiz no 1974. Terminou os seus estudos de contrabaixo clásico na Escola Superior de Música de Viena no 1999.
Colaborou con artistas e proxectos de diversos xéneros como Ultra High Flamenco, Abe Rábade Trío, Jorge Pardo, Gerardo Núñez, bandArt, Hippocampus, Chano Domínguez, Niño Josele, Rocío Molina, Enrike Solinís ou Rosario La Tremendita.
Compón música para películas de cine e campañas de publicidade desde 2006.
Publicou 4 discos: Doméstica (BOST, 2005), El Caminero (BOST, 2011), O.F.N.I. (BOST, 2014) e Salto al vacío (BOST, 2016).
Levou ao escenario o espectáculo Double Bach xunto ao coreógrafo Antonio Ruz, no que interpreta 2 suites de J.S.Bach en pizzicato, acompañado pola bailarina contemporánea Tamako Akiyama. Double Bach estrenouse no Festival de Teatro Clásico de Almagro 2016.
BRUNO PEDROSO
Despois de recibir ensinanzas de músicos recoñecidos no panorama portugués, estuda en New York con Leon Parker, Carl Allen, Jordi Rossy, Adam Nussbaum e Billy Hart.
No 1995 pasa a formar parte do corpo docente da Escola de Jazz do Hot Clube de Portugal.
Dotado dunha versatilidade e musicalidade sobresaíntes, Bruno é un dps músicos de jazz portugueses máis solicitados.
Tocou e gravou con Zé Eduardo, Nuno Ferreira, Fátima Serro, Kiko, Nelson Cascais, Carlos Barretto, Tomás Pimentel, Carlos Martins e os irmáns Moreira e acompaña regularmente a artistas como Nicholas Payton, Gregory Tardy, Rick Margitza, Aaron Goldberg, Perico Sambeat, Ivan Paduart, Ricky Ford, Richard Galliano, Ron Jackson, entre outros.
Dende o 2016 forma parte de Joao Barradas Trío (acordeón) e toca con Salvador Sobral, gañeador do Festival de Eurovisión en maio de 2017.